viernes, 15 de junio de 2012

Cd Conxo Femenino...

Varios días despois de confirmala presenza en alevíns, faino tamén en categoría benxamín.

Cd Conxo Femenino. Os santiagueses decantáronse de novo por aumentala presenza no noso torneo e acaban de confirmar esta mesma tarde a presenza dun segundo equipo feminino, esta vez en categoría benxamín, debido isto ao gran número de solicitudes por parte das rapazas para comezar nun equipo, que recén creado e a expensas de comezar a competir a vindeira campaña, veremos debutar en Extramundi.

Moitísima sorte ás máis pequenas.

No hay comentarios: