Bases da competición

A continuación podedes ver todas as bases que rexirán a competición:


I Torneo Vila de Extramundi
Club Deportivo Sar – Extramundi
23 e 24 de Xuño de 2012

Normas da competición:

1. A regulamentación será a da R.F.E.F. de fútbol 7, a organización realizou algunhas
modificacións que están expresadas nestas normas xerais. As particularidades da
regulamentación do torneo prevalecen sobre a regulamentación xenérica de la R.F.E.F.

2. A inscrición é gratuita

3. O torneo levarase a cabo no Campo de Extramundi (Padrón).

4. Celebrarase o sábado 23 (fase de grupos) e o domingo 24 (fase final) de xuño.

5. As categorías son: benxamíns e alevíns

6. O torneo constará co seguinte número de equipos

7. Os número de equipos participantes son os seguintes :
- Alevín: 16 equipos.
- Benxamín: 8 equipos.
Prebenxamín: un partido de exhibición antes das finais.

8. Os xogadores deberan estar debidamente identificados coa súa licenza federativa
expedida pola Federación Galega de Fútbol ou de Fútbol Sala tramitada para a
tempada 2011/2012.

9. Os equipos de Alevíns e Benxamíns estará formado por un máximo de 12
xogadores. Durante o torneo cada xogador levará sempre o mesmo dorsal. Antes de
comezar o torneo, o representante de cada equipo deberá cubrir a folla de inscrición
(exposta ao final do documento) onde figurarán:
- Clube
- Nome, apelidos, nome deportivo, licencia federativa e dorsal.
- Nome e apelidos do delegado e do adestrador.
-Só se poderán inscribir dous xogadores coa ficha federativa diferente do clube
participante.

10. Non poderá inscribirse ningún xogador unha vez entregada a folla de inscrición.

11. Na categoría prebenxamín serán 8 xogadores en total incluído o porteiro.

12. Cada equipo poderá comezar o partido cun mínimo de 5 xogadores, incluído o
porteiro.

13. Se durante o desenvolvemento do encontro, un equipo, polas circunstancias que
sexa, quedara con menos de 5 xogadores, incluído o porteiro, sobre o terreo de xogo,
automaticamente o árbitro finalizará o partido cun resultado de 3-0 para o equipo
contrario salvo que, no momento de producirse os feitos, o resultado fose maior, neste
caso respectarase o resultado existente nese momento.

14. A condición de Local y Visitante ven dada polo sorteo realizado. O equipo Local,
nun partido concreto, é o que aparece primeiro no emparellamento. A única incidencia
ao respecto ten que ver cos uniformes dos equipos, de maneira que, en caso de
coincidencia dos mesmos (e sempre que entre os equipos implicados non se chegue a
acordo), terá que cambiar o seu uniforme o equipo "Visitante".

15. Para a clasificación final de cada grupo, terase en conta a seguinte puntuación :
· Partido gañado: 3 ptos.
· Partido empatado: 1 pto.
· Partido perdido: 0 ptos.

16. Os partidos terán unha duración :
· Na fase de grupos: 12 minutos cada parte a tempo corrido. So se prolongaría
o tempo se houbese un penalty.
· Na fase final: 15 minutos cada parte.
· O final do partido será sempre indicado polo árbitro
independientemente doutros avisos.

17. No caso de empate a puntos na fase de clasificación entre 2 equipos:
a. clasificarase en primeiro lugar o equipo que teña menos tarxetas (adestrador e
delegados incluidos).
b. O gañador no enfrontamento directo.
c. No caso de persistir o empate, quedará primeiro o que teña mellor diferenza de
goles (favor/contra).
d. Si non quedase resolto o empate no apartado "b", clasificárase o que marcara máis
goles.
e. Sorteo na mesa principal.

18. No caso de empate a puntos na fase de clasificación entre 3 ou máis equipos:
a. Clasificarese en primeiro lugar o equipo que teña menos tarxetas (adestrador e
delegados incluidos).
b. O maior número de puntos obtidos nos enfrontamentos directos entre os equipos
implicados .
c. No caso de persistir o empate, aplicarase o criterio de mellor diferenza de goles
(favor/contra) nos partidos disputados entre os equipos empatados.
d. Se non quedase resolto o empate por aplicación do apartado anterior, este se
dirimirá polo maior número de goles marcados nos partidos disputados entre os
equipos empatados.
e. De persistir o empate, este resolverase pola mellor diferenza de goles (favor/contra)
nos partidos disputados no grupo .
f. De seguir empatados clasificarase o equipo que maior número de goles marcados
nos partidos disputados no seu grupo.
g. Estas normas aplicaranse todas e cada unha de elas, no orden exposto, a tódolos
equipos implicados no empate, tendo prioridade para decidir o orden dos equipos a
primeira norma que desfaga o empate.
h. De persistir o empate realizarase un sorteo na Mesa Central.
i. No caso de empate a partir de oitavos de final, resolverase cunha quenda de 3
penaltis por equipo. No caso de persistir o empate tiraranse roldas dun penalti ata que
un dos dous equipos falle.

19. Os cambios dos xogadores faranse directamente sin comunicarllo á mesa (as
sustitucións realizaranse polo centro del campo).

20. Todo equipo que se retrase no horario establecido pola organización, será
sancionado coa perda de ese encontro por 3-0. Unha segunda incomparecencia
equivale á expulsión do equipo da competición e a perda por 3-0 de tódolos partidos
de ese equipo.

21. Os árbitros da competición son designados pola organización do campionato:
a. Dado o carácter formativo do campionato, a función principal do colexiado é
fomentar o xogo e a deportividade entre os xogadores dos distintos equipos .
b. O árbitro, en cada campo estará asistido por unha mesa auxiliar, dita mesa axudará
ao colexiado e coordinará o terreo de xogo.
c. As decisións dos árbitros son inapelables.

22. Toda reclamación será efectuada e resolta na Mesa Central, que é a máxima
autoridade deportiva do torneo. As reclamacións realizaranse no descanso do partido
na mesa de campo. O equipo reclamado terá que presentar D.N.I. orixinal antes do
inicio do seguinte partido. A aceptación da reclamación por parte da organización,
suporá:
1º) Primeira rolda a perda do encontro polo resultado de 3-0.
2º) Segunda rolda, a perda da eliminatoria, e exclusión do campionato.


DISCIPLINARIAS

1. Unha tarxeta roxa directa nun partido:
a) Xogadores: expulsión do mesmo durante o partido. O equipo sancionado
poderá completar a alineación ao pasar 4 minutos.
b) Adestradores/ Delegados: expulsión do terreo de xogo durante o partido.

2. Calquera actitude antideportiva dos xogadores, adestradores e delegados, aínda sen
participar no xogo, poderá ser sancionada.


ORGANIZATIVAS


1. Os equipos que no estean participando non poderán estar no terreo de xogo.

2. Zona de organización: nada máis chegar ao recinto deportivo os responsables

dos equipos dirixiranse a esta zona para falar con DAVID. Nesta zona coordinarase
todo o relacionado co torneo e aclararase calquera dúbida que se teña a respecto do
mesmo.

3. Dentro da zona reservada á organización tan so poderán acceder os xogadores,
adestradores e delegados identificados coa súa pulsera.

4. Terán acceso libre ao campo tódolos xogadores, os delegados e os adestradores dos
distintos equipos.

5. Os participantes atenderán ás indicacións dos membros da organización .

6. Cada equipo poderá utilizar vestiario asignado pola organización, tendo que
responsabilizarse do seu coidado. Confiamos na responsabilidade e colaboración dos
equipos participantes.

7. Pola participación no I TORNEO VILA DE EXTRAMUNDI de fútbol 7, cada xogador
recibirá da organización unha camiseta de recordo do torneo.

8. Terán trofeos: O campión e o subcampión de cada categoría. Tamén terán trofeo o
máximo goleador, o porteiro menos goleado e o mellor xogador. Haberá unha cea para
os dous equipos que gañen os campionatos de alevín e benxamín nun restaurante da
zona.

9. A fase de grupos será o sábado 23 de xuño. O domingo 24 de xuño terán lugar a
fase final do campionato.

10. Os partidos comezaran o sábado dia 23, ás 10.00 hs, e rematarán ás 20:30 hs, e o
domingo 24, comenzará a partir das 10:00 hs. e rematará ás 19:00 hs.

11. Ó remate das finais entregaranse os trofeos.

No hay comentarios: