viernes, 15 de junio de 2012

Cartel pechado...

Así é, non hai prazas. Con estas últimas boas novas que lle acabamos de adiantar, confírmase o peche da inscripción de equipos para a I Edición dos Torneo Vila de Extramundi en categorías alevín e benxamín.

Entre os diversos destinos dos equipos, atopámonos con unha serie de equipos da zona do Barbanza, algún que outro da zona de Santiago de Compostela, algún outro dos arredores de Extramundi e Padrón e equipos máis lonxanos como da zona do Deza, de Touro e de Oroso. Unhas procedencias ben diversas que farán desta primeira edición do torneo, unha boa pedra de toque para comparar a evolución do traballo levado a cabo durante todo o ano entre equipos que competiron en grupos distintos.

Outra das novidades será o debut dos equipos femininos do Cd Conxo, que tras a súa inminente creación para a vindeira tempada, daranse a conocer botando a andar competitivamente en Extramundi.

Comeza pois desta maneira a conta atrás para o saque inicial, a pouco máis dunha semana o reloxo ponse en marcha en búsqueda dos últimos preparativos que fagan deste torneo unha bonita experiencia para os rapaces...

No hay comentarios: