domingo, 27 de mayo de 2012

Imos completando o cartel de equipos...

Pouco a pouco vaise completando o cartel de equipos que participarán no I Torneo Vila de Extramundi tanto en categoría alevín coma en categoría benxamín.

Recordade que todavía quedan prazas dispoñibles ata chegar ata os 16 equipos en categoría alevín e ata os 8 equipos en categoría benxamín, así que animádevos a participar e completar unha boa experiencia na nosa primeira edición.

Esta semana, están ao caer xa novos anuncios de equipos que confirmarán a súa presenza e que seguirán aportando variedade e diversidade, tanto de procedencia como de estilo, a un cartel que non tardará moito en completarse.

No hay comentarios: