martes, 19 de junio de 2012

Roldas eliminatorias...

Que se disputarán durante toda a xornada do Domingo 24 de Xuño.




Fase de grupos...

Os horarios quedan distribuidos deste xeito, a disputar toda a xornada do Sábado 23 de Xuño: AZUL=alevíns /AMARELO=benxamíns



Sorteo de grupos...

Tralo sorteo dos grupos, adiantámosvolos para que poidades ir coñecendo a súa composición. Celebraranse os partidos de grupos durante todo o día Sábado 23 de Xuño.



En ambalas dúas categorías en xogo, poderemos disfrutar de partidos máis que interesantes xa a partir das 10 da maña do Sábado. En uns minutos colgaremos os horarios dos partidos e as eliminatorias.

Cd Boiro...

Confirma a presenza no noso torneo ocupando a vacante deixada polo Abanqueiro Sd en categoría benxamín.

Cd Boiro. O equipo do Barbanza entra a última hora na categoría dos máis pequenos, os benxamíns. Un equipo que rende tódolos anos a un bo nivel, competindo este ano con dous equipos durante a liga, e que tratará de plasmalo seu traballo de todo o ano en Extramundi.

Moita sorte pequenos.

Cd Sar...

Confirma a súa resenza no lugar do Abanqueiro Sd en categoría alevín.

Cd Sar. Entra deste xeito con un segundo equipo para cubrir a vacante deixada polo Abanqueiro Sd, que a última hora se deu de baixa.

Moita sorte rapaces.